Espanyol 1-0 Celta
O equipo celeste gañou cinco partidos na primeira volta, os mesmos que o pasado curso, pero ao diferenza radica nos empates, seis a tres. O Celta de Luís Enrique perdeu once partidos na primeira volta, mentres que o de Berizzo perdeu oito, case todos trala vitoria no Camp Nou, que marcou un punto de inflexión dramático que levou ao Celta da loita por prazas europeas á permanencia.
A diferenza de goles entre ambos equipos tamén é similar: Marca menos goles que o de Luís Enrique (18 a 19), pero tamén encaixa menos (20 a 24). O que parece máis difícil é repetir a gran segunda volta do Celta de Luís Enrique, que acabou a Liga con 49 puntos, 31 deles na segunda volta, e en novena posición. O Celta tería que asinar 28 puntos na segunda fase da Liga para alcanzar as cifras da pasada tempada.
Comentar este post