Meritorio empate do Celta - O RINCÓN DE OLANO
Overblog
Edit post Seguir este blog Administration + Create my blog
O RINCÓN DE OLANO

Meritorio empate do Celta

10 Mayo 2015, 22:50pm

Publicado por JDC"Olano"

O Celta volveu regalar un gran partido á súa afección en Balaídos, ante un Sevilla que chegaba a Vigo crecido trala súa gran participación na Europa League, e convertido nun dos mellores equipos da Liga grazas ao seu excelente momento de forma. O Celta, que encaixou moi pronto o gol sevillista, soubo rehacerse e na segunda metade igualou o partido e debeu gañalo, pero faltou acerto na finalización.
Meritorio empate porque o Celta chegaba a este encontro con moitas baixas. Cinco sancionados e tres lesionados, obrigaron a Berizzo a realizar cambios no seu once. Sergi Gómez entraba por Hugo Mallo no lateral dereito, Costas por Cabral no centro da zaga, e arriba Pablo Hernández e Charles tamén reemplazaban aos ausentes Nolito e Larrivey.
O problema é que o Sevilla é un dos equipos que ten maior pegada na Liga e demostrouno aos sete minutos tras unha excelente xogada na que Iago Aspas habilitó a Gameiro e leste bateu a Sergio. Tres minutos máis tarde, o de Catoira tivo que realizar unha gran parada para evitar o segundo tanto do Sevilla.
No segundo tempo Krohn-Dehli deu o primeiro aviso cun disparo afastado, e un minuto despois segundo penalti de Arribas, torpe como poucos, a Charles, que agora si sinala Velasco Carballo. Santi Mina, sobrado de carácter, encargouse de transformalo no gol do empate. O Sevilla, que reservara a varios xogadores, puxo toda a carne no asador dando entrada a Bacca, Aleix Vidal e Vitolo, aínda que na práctica non serviu de moito xa que os últimos minutos foron enteramente do Celta.
O Celta púxoo todo, pero non lle valeu máis que para conseguir un punto, que lle mantén na loita por Europa, pero pendente dun complicado milagre. Este equipo non se renderá xamais e chegará á última xornada con posibilidades. Outro motivo para sentirse orgulloso e máis que satisfeito pola tempada realizada.
Celta: Sergio, Sergi Gómez, Costas, Fontás, Jonny, Augusto, Kronh-Dehli, Santi Mina, Pablo Hernández (Madinda, min.83), Orellana y Charles (Bongonda, min.74).
Sevilla: Sergio Rico, Diogo (Aleix Vidal, min.67), Arribas, Coke, Kolo, Navarro, Krichowiak, Iborra, Denis Suárez (Vitolo, min.73), Iago Aspas (Bacca, min.60) y Gameiro.
Árbitro: Velasco Carballo, del comité madrileño. Amonestó a Augusto, Santi Mina, Coke, Iago Aspas, Sergio Rico, Krychowiak.
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos

Galeria de Fotos

Comentar este post

VISITAS AL BLOG
Empresa desarrollo estadísticas
empresa de diseño

Descargo de Responsabilidade:Cada comentario aos post expresa a opinión persoal do autor do mesmo,e non do autor deste Blog.É resérvase o dereito de eliminar aquelas mensaxes e/ou fotografías que atenten,de calquera xeito,contra a intimidade,privacidad,imaxe ou dereitos de calquera persoa,empresa ou entidade,sen a obrigación de notificalo ao autor do mesmo.En ningún caso o autor do Blog faise responsable das opinións expresadas nos comentarios nin das consecuencias derivadas das mesmas.O único responsable da veracidad e contido dos mesmos é o seu autor.

Este Blog non ten ánimo de lucro.

Algunhas figuras e imaxes do contido de https://www.rincondeolano.com/.é úsanse sen permiso dos seus propietarios.Cando é posible,indícase a orixe do material.Si o propietario dalgún material usado no Blog non ve reflectido o seu copyright nesta páxina e desexa deixar constancia da súa propiedade,que o notifique a joseolano@yahoo.es é tamén se procederá á retirada ou sustitución do material que esixa o seu propietario.

Jose Mª De Castro.VIGO-GALIZA-SPAIN © Copyright.2009

"Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet"

¿QUIERES SUBIR?
PINCHA AQUI