Festa do fútbol galego - O RINCÓN DE OLANO
Overblog
Edit post Seguir este blog Administration + Create my blog
O RINCÓN DE OLANO

Festa do fútbol galego

21 Mayo 2016, 06:07am

Publicado por JDC"Olano"

Un gol no desconto de Venezuela estropeou unha gran noite que non puido rematar con vitoria, a pesares de que a selección galega foi moi superior ó combinado caribeño, que aproveitou este partido para preparar a vindeira Copa América. Adiantouse Galiza cun gol de Iago Aspas aproveitando un rexeite do gardamallas visitante a disparo de Jota.
Foi unha primeira parte de amplo dominio galego, cunha grande conexión entre Iago Aspas e Lucas Pérez. Inimigos nos clubes, e moi amigos coa selección. Arriba, Galiza tiña moita pólvora, con Denis Suárez, Fran Rico, e Jota Peleteiro comadando as operacións. Hugo Mallo foi titular como central, nun equipo que contaba cunha ampla presenza de xogadores do Celta. Sergio foi o porteiro na primeira metada, e xunto ao de Catoira estaban Jonny, Hugo Mallo e Iago Aspas. Na segunda metade tamén xogarían Alende e Pape Cheikh.Xa no desconto, o xogador do Torino, Josef Martínez, vinculado por certo ó Celta recentemente, empañou unha gran noite cun gol que deixaba o empate no marcador. Diego Mariño puido estar máis fino.Os afeccionados, que amosaron 'estreleiras', gozaron da festa do fútbol de seu animando a todos os xogadores independentemente do seu clube de procedencia. Onte en Riazor viuse unha afección moi entregada e ilusionada por un partido cargado de emocións. Non importaron as cores dos clubes de cada xogador, o único obxectivo era animar a Galiza. Moitos dos presentes nunca viran a selección galega sobre o céspede, polo que esta ocasión ben merecía unha festa.
Iago Aspas, o máis destacado na Irmandiña, gáñase o respecto de Riazor, que coreou o seu nome cando marcou.Contan que ata se oíu o cántico que sempre lle acompaña desde os tempos do ascenso, ata cando pasea de civil, xogador con banda sonora: "Iago Aspas, loló, loló". Unha escena tantas veces repetida e á vez nova. Porque non era Balaídos senón Riazor o estadio rendido aos seus pés, as suas gradas blanquiazules as encandeadas. Aínda que os afeccionados chegaran de todos os recunchos galegos, pode presumirse a maioría deportivista.
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos
Galeria de Fotos

Galeria de Fotos

Comentar este post

VISITAS AL BLOG
Empresa desarrollo estadísticas
empresa de diseño

Descargo de Responsabilidade:Cada comentario aos post expresa a opinión persoal do autor do mesmo,e non do autor deste Blog.É resérvase o dereito de eliminar aquelas mensaxes e/ou fotografías que atenten,de calquera xeito,contra a intimidade,privacidad,imaxe ou dereitos de calquera persoa,empresa ou entidade,sen a obrigación de notificalo ao autor do mesmo.En ningún caso o autor do Blog faise responsable das opinións expresadas nos comentarios nin das consecuencias derivadas das mesmas.O único responsable da veracidad e contido dos mesmos é o seu autor.

Este Blog non ten ánimo de lucro.

Algunhas figuras e imaxes do contido de https://www.rincondeolano.com/.é úsanse sen permiso dos seus propietarios.Cando é posible,indícase a orixe do material.Si o propietario dalgún material usado no Blog non ve reflectido o seu copyright nesta páxina e desexa deixar constancia da súa propiedade,que o notifique a joseolano@yahoo.es é tamén se procederá á retirada ou sustitución do material que esixa o seu propietario.

Jose Mª De Castro.VIGO-GALIZA-SPAIN © Copyright.2009

"Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet"

¿QUIERES SUBIR?
PINCHA AQUI