Celta Cadiz
Celta 4 - Cádiz 0 | Goleada en 45 minutos
O Celta só necesitou 45 minutos para varrer ao Cádiz nunha primeira parte repleta de efectividad, cun claro 4-0 ao descanso, que xa sería o resultado definitivo, malia que na segunda parte o equipo de Coudet marcou outros tres goles, todos eles ben anulados por fóra de xogo. Nolito, Aspas, Fran Beltrán e Brais Méndez foron os autores dos tantos celestes.
O Celta deu un salto moi importante na clasificación grazas á vitoria lograda onte fronte ao Cádiz, a terceira consecutiva, que permite aos celestes situarse en novena posición, con 16 puntos, a tan só 2 dos postos europeos e cun pequeno colchón de 5 puntos sobre os postos de descenso.
Eduardo Coudet non quere que o obxectivo fixado varíe. Comentou antes da partida fronte ao Cádiz que a súa meta era lograr a salvación sen sufrimento, e con 16 puntos aínda está moi afastada. O próximo fin de semana visita Vigo o Alavés, un dos rivais da zona baixa, e que malia ocupar a décimo quinta posición, está tan só 2 puntos por baixo dos célticos. Iso dá unha idea do igualada que está a clasificación e o moito que pode cambiar a percepción un resultado positivo ou negativo.
Comentar este post