O RINCÓN DE OLANO
Overblog
Seguir este blog Administration + Create my blog
O RINCÓN DE OLANO

Xa chegou a primavera

31 Marzo 2011, 20:19pm

Publicado por amigosdovao.over-blog.com

primavera-2011.JPG

A PRAIA DO BAO BANDEIRA AZUL

Vivir nunha cidade que teña mar é un privilexio e se ademais tes uns campos para xogar ao fútbol xa é a hostia.Iso é do que gozamos os vigueses, todos os dias do ano na praia do Bao.Primaveravao2011A cidade de Vigo rompen o tópico da Galiza chuviosa,o clima desta zona das rías Baixas, é distinto ao do resto de Galiza e fan de Vigo cada vez un lugar máis visitado. Situada na parroquia de Coruxo,conta cun paseo que no verán atrae a numerosos turistas.Praia moi coidada, limpa e ben equipada,frecuentada por xente que facemos deporte e moita mocidade.O tamaño do seu areal é de 800 metros de longo por 45 metros de ancho.Conta con varios aparcadoiros,con prazas para discapacitados.Repartidos ao longo da ponte de madeira,ten diversos accesos á praia.Nos meses de verán,o posto da Cruz Vermella está operativo todos os días.Outros servizos que ofrece son: fontes, duchas,teléfonos públicos, megafonía, campos de fútbol,etc.A base náutica de O Vao é unha estación de servizos náuticos,que oferta cursos de windsurf,catamarán,aluguer de piraguas ao longo de todo o ano.En fronte esta o campo do Coruxo coa sua cafeteria,onde un pode degustar bocadillos quentes e bebidas frescas a moi bo prezo.Para desprazarse até esta praia,as liñas de autobús son: L10 e L11.


Pantic

Nos anos 90 comecei a ser asiduo ás pachangas os martes e xoves e daba igual que chovese ou tronara sempre acudiamos á nosa cita.Hoxe en dia daqueles miticos pachangueros sóquedamos Rober,Panti,o que escribe,Sueiro,Chispi,Gonzalo,Chema,Carlos, Toño,Vazquez.Os demais o foron deixando por diversos motivos ou acoden esporadicamente cando chega o verán e iso que son mais novos que eu.Menos mal que se foron axustando novas xeracións de rapazes,e danlle vida e vigor ás nosas pachangas dos martes,xoves e sabados.Iso se cando chove,non vai nin Deus.A excepción do sabado.

mifirmalogo.jpg

Ver comentarios

Entroido 2011

22 Marzo 2011, 23:25pm

Publicado por amigosdovao.over-blog.com

entroidocabezera.jpg

O desfile de comparsas e carrozas sábado 5 de Marzo 2011,desde Isaac Peral e até a porta do Sol.

entroido.jpg

Ver comentarios

VISITAS AL BLOG
Empresa desarrollo estadísticas
empresa de diseño

Descargo de Responsabilidade:Cada comentario aos post expresa a opinión persoal do autor do mesmo,e non do autor deste Blog.É resérvase o dereito de eliminar aquelas mensaxes e/ou fotografías que atenten,de calquera xeito,contra a intimidade,privacidad,imaxe ou dereitos de calquera persoa,empresa ou entidade,sen a obrigación de notificalo ao autor do mesmo.En ningún caso o autor do Blog faise responsable das opinións expresadas nos comentarios nin das consecuencias derivadas das mesmas.O único responsable da veracidad e contido dos mesmos é o seu autor.

Este Blog non ten ánimo de lucro.

Algunhas figuras e imaxes do contido de https://www.rincondeolano.com/.é úsanse sen permiso dos seus propietarios.Cando é posible,indícase a orixe do material.Si o propietario dalgún material usado no Blog non ve reflectido o seu copyright nesta páxina e desexa deixar constancia da súa propiedade,que o notifique a joseolano@yahoo.es é tamén se procederá á retirada ou sustitución do material que esixa o seu propietario.

Jose Mª De Castro.VIGO-GALIZA-SPAIN © Copyright.2009

"Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet"

¿QUIERES SUBIR?
PINCHA AQUI