O RINCÓN DE OLANO
Overblog
Seguir este blog Administration + Create my blog
O RINCÓN DE OLANO

ÚLTIMA PACHANGA DO ANO 2012 !!!!

31 Diciembre 2012, 14:45pm

Publicado por amigosdovao.over-blog.com

Sabado-29-12-12.JPG

LA AFICIÓN AL FUTBOL Queridos fuboleiros: Coa pachanga de hoxe, declaro clausuradas as pachangas deste ano. Como en anos anteriores a cámara de Olano estaba nos campos do Vao para gravar aos pachangueiros gozando do seu deporte favorito o fútbol. Péselle a quen lle pese, somos fieis á nosa cita de martes,xoves e algúns os sábados.Onde Gozamos unha chea! Nas pachangas perdemos e gañamos, pero seguimos gozando como sempre.Gozamos cos compañeiros, vimos crecer aos amigos. Na mochila moitos momentos vividos e máis deles gozados a lume de biqueira. Porque un é o que vive e o que ama.


Última changas del 2012 - Sábado,29/12/2012

Ver comentarios

Delirio en Balaídos.

13 Diciembre 2012, 10:37am

Publicado por amigosdovao.over-blog.com

copadoreycelta-madrid-.png

delirio.jpg

Un gran Celta supera ao Madrid O Celta derrotou ao Madrid 2-1 na ida de cuartos de final da Copa. O cadro de Herrera chegou a gozar de dous goles de vantaxe a falta de dez minutos, pero Ronaldo, que debería estar expulsado, recortou distancias. Balaídos vestiuse de etiqueta para recibir ao Real Madrid. Dos despachos de billetes do vello estadio volveu colgar oBermejo.jpg cartel de «Non hai billetes». Nin o frío, nin a choiva, nin os prezos das entradas engurraron a unha afección que cada vez conecta máis co seu equipo. Paco Herrera modificou o seu habitual esquema de xogo e debuxou un 4-3-3 con Krohn-Dehli e Augusto Fernández acompañando a Oubiña no centro do campo e con Bermejo e Park de escudeiros de Aspas. A xogada que marcou o partido chegou ao redor do minuto 55. Cristiano Ronaldo, amoestado cun cartón por un lance na primeira metade, realizou unha fea entrada sobre Hugo Mallo. Sen discusións, a acción merecía a segunda cartolina, pero o colexiado concedeu a lei da vantaxe.Bustos.jpg O Celta continuou o ataque. Krohn-Dehli chegou ao bordo da área, centrou ao segundo pau, apareceu Bermejo e gol. Balaídos explotou. O Celta estaba a merecelo. E Álvarez Izquierdo respirou, consciente de que só desa forma podería librarse de expulsar ao portugués. O gol cambiou o guión do partido. O Celta, que até o momento non tiña nada que perder, volveuse algo máis conservador. Herrera moveu o banco e acumulou xente no centro do campo. O Madrid comezaba a gañar metros e Sergio, o porteiro da Copa, deu un paso á fronte.Krohn-Dehli.jpg Tocaba sufrir. E de súpeto apareceu Bustos. O alacantino, que acababa de entrar no campo con ordes de retén, soltou un lategazo desde a distancia que se coou pola escuadra de Adán. A falta de menos de dez minutos para a conclusión, Ronaldo recibiu ás costas da defensa en posición correcta e bateu a Sergio. O fútbol está por encima das actuacións dos colexiados. Impartir xustiza non é fácil. Os seus erros son entendibles. Son humanos. O problema nace cando se observa dobre interpretación ante xogadas practicamente idénticas. De Álvarez Izquierdo esperábase un árbitro rigoroso coas mans, con indiferenza de se estas eran voluntarias ou non.Bancada.jpg Cristiano Ronaldo foi o encargado de probar ao catalán. A súa man nos primeiros minutos do choque non foi amoestada. Xusto despois outra man, claramente involuntaria, non recibiu o mesmo castigo que a de Gustavo Cabral en Vallecas. A dobre rapadoira non terminou no eterno debate das mans. A xogada do gol do Celta nace dunha recuperación de Hugo Mallo a Cristiano Ronaldo. O astro portugués, totalmente exasperado, pisou ao internacional sub´21. Álvarez Izquierdo recoñeceu a falta, pois deu a lei da vantaxe. Con todo, o catalán non mostrou a que sería segunda amarela e consecuente expulsión do luso. O Celta callou un partido espectacular. O seu encontro vai máis aló do resultado ou da actuación do colexiado. O Celta, empuxado pola súa afección, puxo furia, intensidade, fe e moito fútbol para superar ao Real Madrid no partido de ida dos oitavos de final da Copa do Rei. Os celestes despregaron un xogo espectacular en moitas fases do choque.
RC.CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Túñez, Roberto Lago, Augusto Fernández, Borja Oubiña, Krohn Dehli, J.Y. Park (De Lucas, min.63), Mario Bermejo (Vila, min.83) y Iago Aspas (Bustos, min.74).
R.MADRID: Adán, Varane, Pepe, Carvalho, Arbeloa, Xabi Alonso, Essien (Kaka´, min.64), Di María (Ozil, min.46), Modric, Cristiano Ronaldo y Benzema (Callejón, min.32). Goles: 1-0, min.56: Bermejo; 2-0, min.78: Bustos; 2-1, min.85: Cristiano Ronaldo Árbitro: Álvarez Izquierdo, del comité catalán. Amonestó a Krohn-Delhi, Bermejo, Augusto y Cristiano Ronaldo.
Campo: Balaídos, 27.988 espectadores.Antes do comezo do partido gardouse un minuto de silencio en memoria de Nanette Norma Dei Stefano, filla do presidente de honra do Real Madrid, Alfredo Dei Stéfano.

Ver comentarios

VISITAS AL BLOG
Empresa desarrollo estadísticas
empresa de diseño

Descargo de Responsabilidade:Cada comentario aos post expresa a opinión persoal do autor do mesmo,e non do autor deste Blog.É resérvase o dereito de eliminar aquelas mensaxes e/ou fotografías que atenten,de calquera xeito,contra a intimidade,privacidad,imaxe ou dereitos de calquera persoa,empresa ou entidade,sen a obrigación de notificalo ao autor do mesmo.En ningún caso o autor do Blog faise responsable das opinións expresadas nos comentarios nin das consecuencias derivadas das mesmas.O único responsable da veracidad e contido dos mesmos é o seu autor.

Este Blog non ten ánimo de lucro.

Algunhas figuras e imaxes do contido de https://www.rincondeolano.com/.é úsanse sen permiso dos seus propietarios.Cando é posible,indícase a orixe do material.Si o propietario dalgún material usado no Blog non ve reflectido o seu copyright nesta páxina e desexa deixar constancia da súa propiedade,que o notifique a joseolano@yahoo.es é tamén se procederá á retirada ou sustitución do material que esixa o seu propietario.

Jose Mª De Castro.VIGO-GALIZA-SPAIN © Copyright.2009

"Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet"

¿QUIERES SUBIR?
PINCHA AQUI