Festa do fútbol galego
.jpg)
Foi unha primeira parte de amplo dominio galego, cunha grande conexión entre Iago Aspas e Lucas Pérez. Inimigos nos clubes, e moi amigos coa selección. Arriba, Galiza tiña moita pólvora, con Denis Suárez, Fran Rico, e Jota Peleteiro comadando as operacións. Hugo Mallo foi titular como central, nun equipo que contaba cunha ampla presenza de xogadores do Celta. Sergio foi o porteiro na primeira metada, e xunto ao de Catoira estaban Jonny, Hugo Mallo e Iago Aspas. Na segunda metade tamén xogarían Alende e Pape Cheikh.Xa no desconto, o xogador do Torino, Josef Martínez, vinculado por certo ó Celta recentemente, empañou unha gran noite cun gol que deixaba o empate no marcador. Diego Mariño puido estar máis fino.Os afeccionados, que amosaron 'estreleiras', gozaron da festa do fútbol de seu animando a todos os xogadores independentemente do seu clube de procedencia. Onte en Riazor viuse unha afección moi entregada e ilusionada por un partido cargado de emocións. Non importaron as cores dos clubes de cada xogador, o único obxectivo era animar a Galiza. Moitos dos presentes nunca viran a selección galega sobre o céspede, polo que esta ocasión ben merecía unha festa.
Iago Aspas, o máis destacado na Irmandiña, gáñase o respecto de Riazor, que coreou o seu nome cando marcou.Contan que ata se oíu o cántico que sempre lle acompaña desde os tempos do ascenso, ata cando pasea de civil, xogador con banda sonora: "Iago Aspas, loló, loló". Unha escena tantas veces repetida e á vez nova. Porque non era Balaídos senón Riazor o estadio rendido aos seus pés, as suas gradas blanquiazules as encandeadas. Aínda que os afeccionados chegaran de todos os recunchos galegos, pode presumirse a maioría deportivista.

/http%3A%2F%2Fi.ytimg.com%2Fvi%2FCmVLa-6RtxQ%2Fhqdefault.jpg)
Resumen | GALICIA 1-1 VENEZUELA ★ 2016 Amistoso | Todos los Goles ★
Uploaded by Yo Soy FutVe on 2016-05-20.
https://www.youtube.com/watch?v=CmVLa-6RtxQ&feature=youtu.be
Video
Galeria de Fotos