O RINCÓN DE OLANO
Overblog
Seguir este blog Administration + Create my blog
O RINCÓN DE OLANO

O Celta volve a sonreir

20 Febrero 2017, 06:31am

Publicado por JDC"Olano"

Logo dos últimos varapalos, o equipo de Berizzo gañou a Osasuna con goles de Sisto, Jozabed e Aspas e vólvese a conectar á elite da Liga, ademais de cargar pilas para a volta da Europa League.
O Celta arrincou sen moitos dos seus habituais titulares. Berizzo reservou a Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Tucu Hernández ou Iago Aspas para a volta dos dezaseisavos de final da Europa League contra o Shakthar, demostrando que non dá por perdida a eliminatoria pese ao 0-1 que lograron os ucranianos en Balaídos.
Destacar o debut do danés Hjulsager como celtiña e o primeiro gol de Jozabed no cadro vigués, pois os dous chegaron no mercado de inverno a Vigo.
RC.CELTA: Rubén, Jonny, Sergi Gómez, Fontàs, Planas, Marcelo Díaz, Radoja, Wass, Sisto (Jozabed, min.60), Bongonda (Hjulsager, min.84), Rossi (Iago Aspas, min.73).
OSASUNA: Sirigu, Oier, D.García, Vujadinovic, Clerc, Berenguer, Causic, Torres, De las Cuevas (Mérida, min.68), Oriol Riera (Kenan, min.83), Sergio León (Rivière, min.78).
Goles:1-0. Unha boa combinación entre Bongonda, Rossi e Sisto, que tras regatear a un rival fusila ao meta osasunista Sirigu min.23
2-0.Bo remate de cabeza de Jozabed que aproveitou un gran lanzamento de córner de Marcelo Díaz; min.86.
3-0.Jozabed puxo un balón de ouro para que Aspas lucísese cunha preciosa vaselina marca da casa min.88.

Ver comentarios

VISITAS AL BLOG
Empresa desarrollo estadísticas
empresa de diseño

Descargo de Responsabilidade:Cada comentario aos post expresa a opinión persoal do autor do mesmo,e non do autor deste Blog.É resérvase o dereito de eliminar aquelas mensaxes e/ou fotografías que atenten,de calquera xeito,contra a intimidade,privacidad,imaxe ou dereitos de calquera persoa,empresa ou entidade,sen a obrigación de notificalo ao autor do mesmo.En ningún caso o autor do Blog faise responsable das opinións expresadas nos comentarios nin das consecuencias derivadas das mesmas.O único responsable da veracidad e contido dos mesmos é o seu autor.

Este Blog non ten ánimo de lucro.

Algunhas figuras e imaxes do contido de https://www.rincondeolano.com/.é úsanse sen permiso dos seus propietarios.Cando é posible,indícase a orixe do material.Si o propietario dalgún material usado no Blog non ve reflectido o seu copyright nesta páxina e desexa deixar constancia da súa propiedade,que o notifique a joseolano@yahoo.es é tamén se procederá á retirada ou sustitución do material que esixa o seu propietario.

Jose Mª De Castro.VIGO-GALIZA-SPAIN © Copyright.2009

"Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet"

¿QUIERES SUBIR?
PINCHA AQUI