O Celta lévase o derbi de Riazor cun gol de Iago Aspas

Ao adestrador do Celta, o arxentino Eduardo `Toto` Berizzo, non lle preocupou o cansazo dos seus xogadores despois da longa viaxe a Rusia, onde o equipo galego logrou o pase a cuartos de final da Liga Europa, e só cambiou dúas pezas: Roncaglia e Bongonda supliron a Fontás e Pione Sisto.
No 74 chegou o gol da vitoria. Beauvue recibiu o balón no costado dereito, e puxo un gran centro que Iago Aspas rematou ao fondo das mallas con elegancia. O moañés vive unha tempada fantástica e sumou o seu vixésimo primeiro gol no que vai de curso. Este con un valor importante ao significar a vitoria na cancha do eterno rival.
Deportivo de La Coruña: Lux; Juanfran, Arribas, Albentosa, Luisinho; Mosquera. Álex Bergantiños; Bruno Gama (Carles Gil, min.60), Borges, Fayçal Fajr (Çolak, min.76); y Joselu (Andone, min.66).
RC.Celta de Vigo: Sergio Álvarez; Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny; Radoja, Pablo Hernández; Iago Aspas, Wass (Jozabed, min.86), Bongonda (Pione Sisto, min.71); y Guidetti (Beauvue, min.12).

Galeria aficion
Galeria de Fotos