O Celta volve gañar en Balaídos - O RINCÓN DE OLANO
Overblog
Edit post Seguir este blog Administration + Create my blog
O RINCÓN DE OLANO

O Celta volve gañar en Balaídos

30 Marzo 2014, 11:32am

Publicado por amigosdovao.over-blog.com

Nolito-copia-1.jpg 

O Celta tivo que esperar xusto dous meses para volver gañar en Balaídos.Tras dúas derrotas, o Celta necesitaba tres puntos para manter distancia coa zona quente da clasificación. Onte, Luís Enrique apostou por un once titular máis ou menos previsible. Leva 29 diferentes en 31 xornadas de Liga.xiaeiros-copia-1.jpg Un récord que deberían aproveitar as casas de apostas. Adiviñar os plans do técnico asturiano é un pasatiempo para o celtismo. Con Íñigo López polo lesionado Cabral e Krohn-Dehli como mediocentro, o resto podíase esperar, tendo en conta o regreso do recuperado Rafinha.O Celta conseguiu ante o Sevilla en Balaidos a cuarta vitoria da tempada como local. Tres importantes puntos que terminan co refacho de dous partidos sen sumar (Barcelona e Málaga) e permiten dar aire a un conxunto de Luis Enrique que se vai ata os 36 puntos. Un gol de Nolito de penalti foi suficiente para vencer a un conxunto de Emery que se dedicou a esperar o erro celeste que non chegou. O Celta apoderouse do balón sen demasiada oposición do Sevilla durante todo o encontro. Os de Luis Enrique conseguiron tocar a pracer ata a liña de tres cuartos, pero o monólogo celeste non terminaba de traducirse en goles. A ausencia de ideas nos metros finais impediu que as xogadas do Celta causasen algo deOrellana-copia-1.jpg perigo na portería dun Javi Varas que retornaba a Balaídos. Emery optou por xogarlle ao Celta co modelo que presentou ante o Real Madrid e que tan bo resultado de deu. Os andaluces estaban á espera dalgún erro dos celestes que lles permitise montar unha contra para definir cos seus homes de arriba. Pero o Celta non tivo présa e non desesperou. Encerrou aos andaluces no seu campo e a base de presionar, lograron roubar algún balón co que intentaron sorprender ao meta visitante con máis corazón que cabeza. O Celta Víase dominador e con opcións de facerse co partido e buscou con insistenciaRafinha.jpg a súa ocasión. A máis clara nas botas de Orellana . Ao chileno caeulle un rexeite nos seus pés e non llo pensou. Armou a perna e disparou coa alma para que o balón se estrelase no traveseiro e fixese tremer a portería e a Balaídos. Os de Luis Enrique fóronse arriba. Dispuxeron de múltiples oportunidades a balón parado, pero non aproveitaron ningunha e os minutos xogaban na súa contra. Orellana, máis eléctrico do habitual, intentou con insistencia o un contra un para conseguir un gol que lles dese aire na competición. E o gol chegou de penalti. Fazio, nunha pelexa por facerse co balón ante Bermejo, controlou co brazo e o árbitro sinalou a pena máxima que tranformó Nolito a falta de cinco minutos para a conclusión do partido. No desconto, dous sustos máis. Un en cada portería. Javi Varas evitou que o propio Nolito aumentase a renda e na última xogada Yoel, nun man a man ante Bacca conseguiu que o Celta lévase tres prezados puntos en Balaídos para continuar respirando e pelexando por afastarse o máis posible dos postos de descenso.

Comentar este post

VISITAS AL BLOG
Empresa desarrollo estadísticas
empresa de diseño

Descargo de Responsabilidade:Cada comentario aos post expresa a opinión persoal do autor do mesmo,e non do autor deste Blog.É resérvase o dereito de eliminar aquelas mensaxes e/ou fotografías que atenten,de calquera xeito,contra a intimidade,privacidad,imaxe ou dereitos de calquera persoa,empresa ou entidade,sen a obrigación de notificalo ao autor do mesmo.En ningún caso o autor do Blog faise responsable das opinións expresadas nos comentarios nin das consecuencias derivadas das mesmas.O único responsable da veracidad e contido dos mesmos é o seu autor.

Este Blog non ten ánimo de lucro.

Algunhas figuras e imaxes do contido de https://www.rincondeolano.com/.é úsanse sen permiso dos seus propietarios.Cando é posible,indícase a orixe do material.Si o propietario dalgún material usado no Blog non ve reflectido o seu copyright nesta páxina e desexa deixar constancia da súa propiedade,que o notifique a joseolano@yahoo.es é tamén se procederá á retirada ou sustitución do material que esixa o seu propietario.

Jose Mª De Castro.VIGO-GALIZA-SPAIN © Copyright.2009

"Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet"

¿QUIERES SUBIR?
PINCHA AQUI