Meu homenaxe a Fito da Roda - O RINCÓN DE OLANO
Overblog
Edit post Seguir este blog Administration + Create my blog
O RINCÓN DE OLANO

Meu homenaxe a Fito da Roda

8 Septiembre 2012, 20:33pm

Publicado por amigosdovao.over-blog.com

Fito.jpg

A Roda-folk galego Adolfo Domínguez Otero, popularmente coñecido como Fito, foi achado morto no seu domicilio de Vigo o pasado domingo 2 de setembro. O cantante das barbas longas fundou o grupo folclórico A Roda aa-roda-1977.jpg mediados dos anos setenta no barrio vigués de Teis.A Roda naceu dun grupo de amigos que se xuntaban a cantar arredor dunha mesa redonda na taberna, de aí o nome.Era este un banquete festivo ao carón do viño, nunha época e nun país onde convivía esta tradición tabernaria cos efectos da normalización, que comezaban a dar resultados tamén no eido musical, eido que precisaba ter representación tamén no ámbito da cantiga de taberna. Estes feitos, xunto ao carácter estritamente popular das cantigas galegas que cantaba A Roda, así como da imperiosa necesidade de elaborar un repertorio discográfico de tipo tradicional que reflectise a realidade socio-musical na súa dimensión tabernaria, conseguirona--roda-folck.jpg atrae-la atención dunha multinacional discográfica, que neste caso aproveitou o feito de ter unha unidade móbil desprazada en Galiza para gravar un primeiro álbum do grupo, que tivo que artellar todo un repertorio para esta gravación en poucos días, así como artellar unha definitiva e posterior formación en relación ao directo. A hipótese podería resumirse así: o que The Dubliners foron para The Pogues, A Roda foino para Os Diplomáticos de Monte Alto. Un depósito de memoria da canción popular, un coro de resistentes ao pop, un lugar estético inhóspito, adoito a medio camiño entre o kitsch e a defensa da tradición. E algo máis: á Roda débenlle xa varias xeracións de galegos unha cadea de melodías coas que celebrar a vida. 10-Contraportada-aroda.jpg O Miudiño, o Pousa pousa, O gato ou a Cantiga de Betanzos —aquela que di no retrouso “arroz con chícharos...”— pasaron ao inconsciente colectivo porque aparecían no primeiro elepé da Roda, publicado en 1977. Con ese xeito, con eses arranxos. O pasamento dun dos fundadores da banda e cantante máis carismático, Adolfo Fito Domínguez, o pasado domingo sinala a fin dunha etapa para os autores da Foliada do Celta.Os furanchos da Ría de Vigo foi o hábitat onde emerxeu A Roda. Arredor dunha mesa —a lenda asegura que circular— xuntábanse os amigos para conxurar o tristén e louvar as propiedades do viño. Cantiga de taberna, catalogaron algúns. Non tan afastada, por veces, da balada irlandesa, aínda que sen apenas carga política. Malia que houbo quen interpretou O gato como a historia elítpica dun paseado. “O adxectivo ‘tabernario’ non era xusto con eles”, considera Tino Baz, cantautor e gaiteiro da Roda entre 1990 e 1997, “porque esquecía ese crisol de voces, tan ben empastadas, o que merece ser reivindicado”. E o tratamento da canción popular, claro, aquilo que os singulariza na paisaxe da música galega. Foi Suso Vaamonde, cantor de intervención na órbita de Voces Ceibes e autor do totémico directo Nin rosmar un laído (1977), quen reparou neles. Talvez porque compartía seráns e o seu irmán Luís exercía na coral. A través da súa xestión, a discográfica Movieplay desprazou unha unidade móbil para rexistrar un debut ao que agrupo-a-roda.jpg crítica lle concedeu galóns. Foi Premio da Crítica Galega un ano logo da súa edición. “Galicia é rica en viños”, comezaba a nota de contracapa, “e ao carón do viño naceron de sempre cancións ‘quentes’, con retranca, cancións tan populares que non hai galego que se precie que non haxa cantado de cando en cando. Nestes tempos de hoxe, as cancións de taberna estanse a perder”. A vontade oblicuamente etnográfica tamén actuaba como motor confeso da Roda: evitar que a historia arrasase compartimentos do coñecemento colectivo. “Pero vai moito máis alá da taberna e do festivo”, teima Baz, “hai unha enxebreza fermosa. A maldición deste país é que todos estes valores caen arrombados polo autodesprezo de sectores que mediatizan a música”. O folk vocal da Roda, coa gorxa grave, por veces cavernaria, de Fito Domínguez en primeiro plano, tivo compañeiros de viaxe. Fuxan Os Ventos operaban en coordenadas semellantes a partir da tradición galega. Pero como transportando á realidade nacional a experiencia dos chilenos Quilapayún: músicas populares, letras de combate, colaboración de poetas. Na Roda non. Os 13 cortes do seu disco homónimo levan autoría “popular” —aínda que, por caso, O gato ten letrista: Manuel da Ponte. Na segunda das súas gravacións de longa duración aparecen composicións propias: a lixeiramente reivindicativa Falemos galego ou a Foliada do Celta, himno oficioso do equipo de fútbol de Vigo. Quince discos puntúan o traxecto da Roda. Co de 1992, Eu teño un compadre, a súa proposta introduce poemas como texto de cancións. Pero a repercusión daqueles primeiros anos, cando esmorecía a ditadura de Franco e só cantar en galego podía significar un grupo, nunca a volveron atinxir. Os de Fito Domínguez, sometidos a cambio e renovación de voces e músicos, patexaron escenarios, verbenas e centros de emigrantes. Fixéronse asiduos do Luar, na TVG, e mesmo chegaron a actuar nas romarías do vello PP de Manuel Fraga. O estalido do folk nos anos noventa colleunos co pé cambiado: aquela volta sobre as músicas tradicionais obviaba, maiormente, as de materialización oral.Ata sempre FITO

Comentar este post

VISITAS AL BLOG
Empresa desarrollo estadísticas
empresa de diseño

Descargo de Responsabilidade:Cada comentario aos post expresa a opinión persoal do autor do mesmo,e non do autor deste Blog.É resérvase o dereito de eliminar aquelas mensaxes e/ou fotografías que atenten,de calquera xeito,contra a intimidade,privacidad,imaxe ou dereitos de calquera persoa,empresa ou entidade,sen a obrigación de notificalo ao autor do mesmo.En ningún caso o autor do Blog faise responsable das opinións expresadas nos comentarios nin das consecuencias derivadas das mesmas.O único responsable da veracidad e contido dos mesmos é o seu autor.

Este Blog non ten ánimo de lucro.

Algunhas figuras e imaxes do contido de https://www.rincondeolano.com/.é úsanse sen permiso dos seus propietarios.Cando é posible,indícase a orixe do material.Si o propietario dalgún material usado no Blog non ve reflectido o seu copyright nesta páxina e desexa deixar constancia da súa propiedade,que o notifique a joseolano@yahoo.es é tamén se procederá á retirada ou sustitución do material que esixa o seu propietario.

Jose Mª De Castro.VIGO-GALIZA-SPAIN © Copyright.2009

"Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet"

¿QUIERES SUBIR?
PINCHA AQUI