Pranjic debuta co Celta - O RINCÓN DE OLANO
Overblog
Edit post Seguir este blog Administration + Create my blog
O RINCÓN DE OLANO

Pranjic debuta co Celta

27 Enero 2013, 11:23am

Publicado por amigosdovao.over-blog.com

Celta-R.Sociedad.jpg

Un Celta mermado empata en Balaídos O Celta de Vigo empatou a un gol ante A Real Sociedade nun partido que chegou a ter de face pero que se lle acabou complicando até tal punto que o resultado se pode dar por bo. A Real, lonxe de parecerse ao equipo da pasada xornada, foi mellor.Krohn-Dehli-copia-1.jpg O Celta completou un cuarto de hora de bo xogo ao fío do descanso, pero os problemas cervicais de Aspas e unha man absurda de Augusto Fernández debilitaron aínda máis a un equipo mermado polas lesións. O caso é que o Celta, no instante que mellor pintaba a cousa para os seus intereses, volveu toparse con paus nas rodas. Tras aguantar firme unha boa saída da Real, adiantarse no marcador cun golazo de Krohn-Dehli máis propio do fútbol sala que do de campo grande e defender o resultado até o descanso, dous pequenosIago.jpg detalles motivaron a aparición de nubes con cheiro a tormenta sobre Balaídos. O primeiro derechazo encaixouno coa lesión de Iago Aspas, que neste equipo non ten substituto posible. O dianteiro de Moaña non puido saltar ao céspede na continuación por problemas nas costas. O segundo, ao cinco minutos da segunda parte,o conxunto vigués quedaba en inferioridade numérica pola expulsión de Augusto Fernández. Desde entón, os donostiarras adiantaron as súas liñas e fixéronse co monopolio da pelota. Con todo, o gol chegou a balón parado a través do defensa central Elustondo. Ao Celta non quedou outra posibilidade que o repregamento e esperar unha xogada illada.Pranjic.jpg A entrada de Pranjic ao comezo da segunda metade achegou algo de amorne ao equipo, aínda que o escenario non era o máis oportuno para un debut. O Celta e Balaídos acabaron exasperados co colexiado do partido, Paradas Romeu. O colexiado culminou a súa mala actuación mostrando unha amarela a Park, que xa fora substituído, e expulsando a Paco Herrera. O técnico estremeño non poderá sentar no banco ante Osasuna, unha partido clave nas aspiracións dun equipo que non acaba de dar o estirón definitivo.Pranjic-.jpg Baixas sensibles para o Celta. Paco Herrera non poderá contar para o enfrontamento directo que se disputará no Reyno de Navarra nin con Michael Krohn-Dehli nin con Augusto Fernández. O danés viu a amarela ante a Real Sociedade, polo que cumprirá a próxima xornada ciclo de amoestacións. O arxentino, pola súa banda, foi expulsado ao por dobre cartolina amarela. Herrera sacou unha dobre lectura positiva do encontro: "A primeira é que temos dous puntos máis que na primeira volta e a segunda é que ao equipo non se lle pode facer ningún reproche porque se deixou a alma a pesar de xogar practicamente todo o partido con dez pola lesión de Iago". "É moi difícil xogar contra un equipo que está nun gran estado de forma, como é o caso da Real Sociedade, con dez futbolistas durante todo o partido. Iago non estaba ben pero tiñamosarbitro.jpg que telo no campo pola súa calidade. Dunha xenialidade súa naceu o noso gol", engadiu. Así mesmo, o adestrador estremeño mostrou o seu enfado pola expulsión do arxentino Augusto Fernández, quen viu o segundo cartón amarelo por cortar o balón coa man. "Estamos a cargarnos o fútbol. O árbitro podía pitar man se quería, pero é involuntaria porque non ten a intención de cortar o balón. Que un equipo quede con dez xogadores por unha acción así non favorece o fútbol", criticou. "Fáiseme difícil imaxinar unha expulsión nun partido no que non houbo nin unha agresión nin nada semellante. E máis cando houbo dúas xogadas similares de futbolista da Real Sociedade", insistiu o adestrador celeste. Finalmente, ao ser preguntado polo debut do internacional croata Daniel Pranjic, Herrera apuntou que honestamente non me apetecía metelo porque cría que podía ser pronto, pero fíxeno porque necesitabamos un xogador que nos dese experiencia no centro do campo. E nese sentido vin o que quería".

Comentar este post

VISITAS AL BLOG
Empresa desarrollo estadísticas
empresa de diseño

Descargo de Responsabilidade:Cada comentario aos post expresa a opinión persoal do autor do mesmo,e non do autor deste Blog.É resérvase o dereito de eliminar aquelas mensaxes e/ou fotografías que atenten,de calquera xeito,contra a intimidade,privacidad,imaxe ou dereitos de calquera persoa,empresa ou entidade,sen a obrigación de notificalo ao autor do mesmo.En ningún caso o autor do Blog faise responsable das opinións expresadas nos comentarios nin das consecuencias derivadas das mesmas.O único responsable da veracidad e contido dos mesmos é o seu autor.

Este Blog non ten ánimo de lucro.

Algunhas figuras e imaxes do contido de https://www.rincondeolano.com/.é úsanse sen permiso dos seus propietarios.Cando é posible,indícase a orixe do material.Si o propietario dalgún material usado no Blog non ve reflectido o seu copyright nesta páxina e desexa deixar constancia da súa propiedade,que o notifique a joseolano@yahoo.es é tamén se procederá á retirada ou sustitución do material que esixa o seu propietario.

Jose Mª De Castro.VIGO-GALIZA-SPAIN © Copyright.2009

"Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet"

¿QUIERES SUBIR?
PINCHA AQUI